North Carolina Tar Heels

North Carolina Tar Heels
División División I da NCAA
Subdivisión no fútbol americano Football Bowl Subdivision (FBS)
Conferencia Atlantic Coast Conference
Alcume Tar Heels
Mascota Bélier
Estadio de fútbol americano Kenan Stadium
(60.000 espectadores)
Pavillón de baloncesto Dean Smith Center (H)
(21.750 espectadores)
Carmichael Auditorium (F)
(10.180 espectadores)

North Carolina Tar Heels é o equipo deportivo da Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill, Carolina do Norte. Os equipos dos Tar Heels participan nas competicións universitarias organizadas pola NCAA, e forma parte da Atlantic Coast Conference.

Os Tar Heels gañaron 39 campionatos nacionais en cinco deportes diferentes, e 51 campionatos nacionais individuais. O equipo feminino de fútbol gañou 18 campionatos nacionais dende 1981, e o masculino en 2001; o masculino de baloncesto fixo o propio en 1924, 1957, 1982, 1993, 2005 e 2009, e o feminino en 1994; o masculino de lacrosse en 1982, 1986 e 1991; o feminino de hóckey sobre herba en 1989, 1995, 1996 e 1997; o feminino de balonmán en 2004, e o masculino en 2004, 2005 e 2006.

Deportistas do talle de Michael Jordan, James Worthy, Bob McAdoo, Vince Carter, Rasheed Wallace, Jerry Stackhouse, Antawn Jamison, Mia Hamm, Eddie Pope e Marion Jones proceden desta universidade.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy